PREGÓN
DE JOLE LUIS MARI SOLERA ³LICHO²

PREGÓN DE JOLE LUIS MARI SOLERA ³LICHO²
XI FESTA DA CARNE Ó CALDEIRO
SANTA MARÍA DE TEO
TEO-A CORUÑA
MAIO 2002
VISPERAS DA FESTA:
É visperas da XI Festa da Carne ó Caldeiro
na parroquia de Sta. Mª de Teo.
Vou camiñando entre pinos e castiñeiros
polos camiños do bosque
e mentras lembro ó pregoeiro do ano pasado, Luis Rial,
soa o canto do cuco.
Uxío Novoneyra canta: Os Eidos. Xerais, 1991
³Canta o cuco. Cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
E volta o cuco a cantar².
O canto do cuco é coma o son da ocarina
Instrumento pequeno de barro de moi antiga tradición.
(Canto de ocarina- Popular de Lugo)
Despois do cuco tamén cantan os paxariños.
Uxío Novoneyra conta: Os Eidos. Xerais,1991
³No bicarelo do bico do brelo
Canta o paxariño
No mesmiño
Bicarelo do bico do brelo².
Xa vai caendo a tarde e os Airiños da Parroquia
Lévanme brincando por toda ela.
Rosalía de Castro canta: (Cantares Gallegos, CRTVG, Galaxia, 1995)
³Airiños, airiños aires,
airiños da miña terra,
airiños, airiños aires,airiños, levaime a ela.
Xas-co-rras-chas das cunchiñas
Xurre, xurre dos Pandeiros
Tambor do tamborileiro
Gaitiña, Gaita Galega
Para tocar a alborada
Nos campos da miña terra²
AMANECE
Soa a gaita-Alborada de Ourense
Soan os foguetes da festa
E a xente esperta. Lavan a cara con auga de rosas.
Vaise a xente para a misa. E falan.
A xente fala cantando unha cantiga popular
Escrita e recollida por Xoán Manuel Pintos
³Velo ahí tedes tocando ó gaiteiro
velo ahí tedes co tamborileiro
velo ahí tedes pesares quitando
velo ahí tedes a xente alegrando²
NA MISA 12 da mañán
³Xa polo medio do día
e na iglesia da parroquia
de Santa María de Teo
a Santa Misa comeza
os veciños e veciñas
acompañan ó seu crego
cantando a Santa María²
³Viva María
Viva el Rosario
Viva Santo Domingo
Quien lo ha fundado²
(Esta canción forma parte del repertorio de cantos de iglesia que
cantaba mi madre, Dª Julia Solera Barros(Mestra Nacional).
³As campás repenicando
e o gaiteiro tocando
acompaña a procesión
a Virxe vai polo adro²
A nosa Virxe Santa María de Teo é tamén protectora
do Camiño de Santiago.
Despois da Santa Misa, o crego D. Domingo Antonio Portela, e os veciños
e veciñas, cantan, camiño do campo da festa, unha cantiga
popular moi antiga:
³Ei de ir ás festas
e ás Romerías(substitúoo por ³da Carne ó
Caldeiro²)
toma-lo pulpo
e outras cousas finas
falar ca xente
beber bo viño
e oi-la gaita
do señor Vicente²
Xa na festa, a xente séntase nas mesas para empeza-lo xantar e
falan cantando:
³Chamounos a Comisión(O Carmen de Teo)
o Alcalde Armando Blanco
e a súa Corporación.
Pedíronlle axuda á Xunta
e máis á Deputación
para comer e beber
como manda a tradición².
Un aplauso para todos eles, carallo(aplauso)
³Chamounos tamén a Virxe
e o noso Patrón Santiago
o sancristán de Noceda
D. Xosé Luis Campiño
Autoridade eclesiástica Adxunta
O noso crego D. Domingo Antonio Portela
Para bendeci-la vaquiña
E que o pobre animaliño
Tamén leve nome de santa
Santa-Santiña
Santa-Ternera
Santa-Santiña
Santa-Galega²
Outro aplauso para o noso sancristán e o cura da parroquia.
O profesor Miguel Cancio da Universidade de Santiago fai reflexións
interesantes sobor da física da carne ¡ay¡ e da metafísica
da vaquiña tamén chamada ³Blanquita tetos largos²
e cantaba:
³Ternera, ternerita, cachita mía
ternerita do teto redondo
y el culo al aire
en las plazas de Castilla
y los campos de Galicia
de verdad y de mentira
ternerita, hoy, tú eres mía².
E da tenreiriña do cu ó aire do sociólogo e profesor
dos movementos sociais á cazola do Restaurante ³Asesino²,
onde desde fai máis dun século se segue cociñando
a tenreira o mesmo que o hacía Matusalen, con leña e tres
pés.
Hoxe está aquí a súa dona, a auténtica, a
poetisa prima de Rosalía de Castro, Dª María Neyra
González e a súa ama de chaves, Lola de Laraño.
Outra maneira moi especial de tenreira asada poderán atopala vostedes
no Restaurante ³A casa das tortillas² de Cacheiras, e ó
frente dos seus fogóns a Dª Evangelina, esposa de Armando
Blanco, o noso alcalde, que antes foi cociñeiro e carniceiro.
Un aplauso para todos eles.
Pero a tenreira máis especial, a auténtica ³Carne
ó Caldeiro², atópase hoxe aquí feita a man polos
veciños todos desta parroquia.
Que viva Santa María
Viva-aplausos
E xa que estamos no mes de maio, mirade o que dicía o noso gran
escritor, poeta, ensaista e pensador galego Otero Pedrayo: (Historia de
Galicia, ed. Nós, 1962)
³Xa estamos nos tempos dos Mallos, dos Maiolas ou Maias. Nalgún
tempo os nenos desta parroquia facían o maio vivente, igualiño
que o neno que anima hoxe a festa:Vai vestido cunha faldamenta e unha
esclavina, feita de espadana, fiuncho e xestas, cuberto de follas e flores.
O neno canta cantigas axeitadas a o día e pide as Maiolas ou Maias,
que antes eran castañas secas e noces².
Como sabedes os de Noceda, pero hoxe en día pídese Carne
ó Caldeiro, pulpo e sopas de cabalo canso.
Todo esto ou parecido tamén o escoitei de viva voz de D. Manuel
Mata, veciño desta parroquia e membro da corporación do
concello de Teo.
Un aplauso para eles.
A primeira vez que eu escoitei canta-los Maios foi nesta parroquia, aló
polo ano 1974, cando eu era estudiante de Medicina en Santiago de Compostela.
Cantaban homes e mulleres, a carón do río Pereiro:
³Este é o tempo de troupele, troupele,
este é o tempo de troupelear,
este é o tempo de cantar os Mallos,
este é o tempo dos Mallos cantar².
Eu agora quero cantarvos tamén unha canción de Mallos,
en honor da festa da Carne ó Caldeiro.
(Diríxolle-la vista ó alcalde e membros da corporación
presentes, e o señor crego e outras autoridades, e canto indicando
ou sinalando cun brazo ós comensais).
³Velos ahí tedes, xente da parroquia
os de Noceda, Campos e Vilar
tamén de Mallos e Vilachaíño
os de Fontenlo e Agromaior.
Estamos aquí pola Comisión (Estribillo)
Polo noso alcalde e a corporación
Veñen á festa da Carne ó Caldeiro
Todos xuntiños contentos están.
Nenos e nenas, mulleres e homes
E outros de fóra que tamén están.
Estamos aquí pola Comisión
Polo noso alcalde e a corporación.
Velos ahí tedes comendo e bebendo
Velos ahí tedes falando moi fino
Velos ahí todos coas súas cousiñas
Velos ahí todos mirando ó gaiteiro.
Estamos aquí pola Comisión
Polo noso alcalde e a corporación².
A continuación o ritmo do estribillo faise na GAITA e a xente
segue cantando e levando o ritmo coas palmas.
Estanno pasando moi ben
RECEITA DA CARNE Ó CALDEIRO DAADA POLA COMISIÓN E O ALCALDE.
Xa está a xente comendo e bebendo
AUGA + SAL+ UNTO+CARNE DE FALDA DA TERNERA cortando un quilo en catro
trozos.
Na auga onde se coceu a carne, virtense as patacas e se se quere, chourizos
galegos.
No plato, ás patacas pódeselles engadir un pouco de pemento
ou aceite de oliva.
E como di o meu amigo Jacobo Pérez na TVG: BO PROVEITO
PULPO-POLBO E EMIGRANTES
Hoxe tamén comemos pulpo, aínda que en galego dise polbo.
Isto ten moita gracia
Contan que antigamente en Galicia, os homes (algúns) ibanche vota-lo
polvo fóra da casa, unha noite de trebón e cando volvían
polas mañáns de xiada, dicían que viñan de
come-lo pulpo. Isto non hai quen o entenda. Manda ³carallo na Habana²,
como lle escoitei dicir unha vez a D. Manuel Fraga, que por certo aquel
día estaba saudando ós emigrantes desta parroquia en Arxentina,
Uruguay, México, Francia, Alemania, Suiza, a onde foi tamén
fai pouco o noso alcalde Armando Blanco para falar con todos eles.
SOPAS DE CABALO CANSO
Mollamos en viño tinto do país pan de molete e comémo-lo
pan. Estache de moito carallo, falaban antigamente.
Axuda a cura-los catarriños, que é o que sabían face-los
estudiantes de terceiro de Medicina nalgún tempo, antes de seren
médicos.
Por esta parroquia pasa o río Pereiro, camiño do Ulla.
É moi troiteiro e antigamente estaban atraballar sete muíños,
que hoxe están a ser recuperados polo concello para desfrute da
natureza no lugar.
Quero destaca-la catarata atronadora da auga do Chaíño,
e que dá nome á aldea de Vilachaíño, ó
leste de Teo. A catarata facía move-la poderosa roda hidráulica,
e ante o seu impulso xiraban veloces as pedras da mellor muiñeira
da comarca.
Nalgún tempo a xente deste lugar cantaba cantigas axeitadas de
muíños e muiñeiros.
Cantiga popular:
³O muíño xa vai vello
o rudicio faino andare
a meiga da muiñeira
rabea por se casar²
Os mozos choraban pola muiñeira e iban á capela de Santa
Marta, ubicada no castro do Vilar, a pedirlle á Santa que lles
quitara as bágoas dos ollos.
Aínda hoxe tódolos primeiros domingos de agosto se celebra
a famosa romaría en honor de Santa Marta, por ver se os nenos deixan
de chorar.
Quero recordar hoxe a algúns veciños e veciñas que
seguen traballando nesta parroquia na gandeiría e outros oficios
que dan riqueza á zona.
- Os irmáns Conde, de Campos, co seu taller de tratamento artesanal
da pedra, para facer casas bonitas e muros de pedra.
- Manuel Touceda, de Campos, famoso constructor e coñecido de todos.
- Alfonso Porto, de Campos, que ten unha panadería, onde se fai
o pan a man, a lume de viqueira, onde antigamente estaba o aserradeiro
de Marcelino Vázquez, que en paz descanse.
- Paz de Campos, que rexenta unha ferretería moi antiga. Hoxe está
á fronte o seu fillo Antonio Paz.
- Benjamín Sánchez e Manuel Corbelle, de Teo.
- Javier Corbelle, este noso rapaz que ten o mellor taller de reparación
de coches en mecánica e chapa de toda a comarca.
- Familia de Alfonso Devesa, de Vilachaíño, cun famoso aserradeiro.
- Os gandeiros famosos deste lugar:
- José Cajaraville, de Mallos
- Santiago Barros, de Vilar, que foi concelleiro do concello.
- Rafael Louro, de Mallos
- Dolores Rial, de Mallos.
- Mª Luisa Paz, de Campos.
- Irmáns Reboredo, de Campos, e moitos outros.
A todos eles os quero lembrar cunha cantiga popular moi antiga:
³ E véndeme os bois
e véndeme as vacas
e non me vende o pote das papas
véndeme a cunca e máis o cunqueiro
e non me vende
o meu .....².
Soa a ocarina, levando o ritmo da cantiga.
Quero lembrar tamén ós barqueiros do Ulla, que eran desta
parroquia, e que axudaban a pasar á xente do lugar, para ir á
feira da Estrada e Boqueixón, e a outros lugares bonitos e festeiros,
pero seica de camiño de volta, alá pola noitiña,
escoitaban unha cantiga que misteriosamente parecía que saía
das entrañas do aire e do vento, e que dicía:
³A muller que capa ós homes
vive nos campos de Noia
fuxide, homes, fuxide,
que ahí vos ven a capadoira².
E os homes corrían, carallo se corrían, chamando por José
Salgueiro, que hoxe aínda está aquí con nós
na festa.
José levantábase da cama, e veña, chímpabaos
rápidamente na barca.
¡Menudo susto!
Destes contos acordábase ben o finado Ramiro Matalobos, da aldea
de Campos, gran amigo do concelleiro Manuel Mata e do alcalde Armando
Blanco.
Un aplauso para todos eles.
Pero tamén quero recordar ós nosos devanceiros, desta
Galicia eterna, como son Curros Enríquez, Rosalía de Castro,
Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Uxío Novoneyra e moitos
outros, que co seu legado axudáronme a redactar este pregón.
Por último, o meu agradecemento á Comisión organizadora
da XI Festa da Carne ó Caldeiro, da que forman parte un numeroso
grupo de veciños desta parroquia.
Moi especialmente ó concelleiro Manuel Mata, que me propuxo como
pregoeiro desta edición.
E como non, á corporación e en especial ó noso alcalde,
Armando Blanco, ó que ademais recentemente lle foi concedida a
Medalla de Ouro do concello de San Martín de Pusa en Toledo, e
aceptada a proposta de toda a corporación.
Alcalde, deséxoche o mellor, para o ben de tódolos veciños
de Teo.
Moitas gracias. JOSE LUIS MARI SOLERA ³LICHO²
Santa María de Teo, a catro de maio de 2003.
©
Miguel Cancio http://www.miguelcancio.com
Nota:
Los artículos publicados son propiedad del autor. Se permite la
difusión de los mismos siempre que se citen las fuentes.
Se
ruega a quien utilice estos materiales lo comunique al autor ya que conocer
la difusión de los mismos es importante en la valoración
del trabajo.
Up....
|