|
POESIA
POLULAR, RIXOSA E COMBATIVA NOS CAFES DO XOGO DA VIDA/MORTE POR LORCA
EN GALIZA, POR OUTROS ARTISTAS GALEGOS I EN DEFENSA DA POESIA, ARTE, DAS
VELLAS E NOVAS TRADICIONS
atrás
Nota: parte deste traballo foi presentado xunto ao medico, catedratico
e artista Jose Luis Mari Solera "Licho" nun homenaxe que se
lle fixo ao surrealista galego Eugenio Granell (acaba de morrer en outubro
2001 en Madrid aos 88 anos) na Fundacion que leva o seo nome en Santiago
de Compostela no Pazo de Bendaña sito na popular plaza do Toural
no corazon da Cidade Vella, e que se convertiu tamen nun centro de documentacion,
exposicion e estudo do surrealismo.
Este artigo vaise publicar na revista "Raigame. Revista de arte,
cultura e tradicions populares" da Diputacion de Ourense, no numero
14 que vai a sair. No numero 13, maio de 2001, publicouse a primeira parte
de este traballo
Pasos, estacions lorquianas por esos bares de Deus e do Demo
A miña viaxe lorquiana ten os seguintes pasos, as seguintes estacions:
Primeiro paso, primeira estacion
Nova York, a lua Romance trip-hop "Luna, lunita, lunera". Iniciase
co poeta en Nueva York en plan rapero alternativo-"raptivist",
co efecto Sinatra and Lorca "Flying to the mon"-Vo a lua".
Comeza no Café de Henry e remata en Harlem, no tugurio corrosivo,
no bar The Last Poets co titulo:"O home branco ten complexo de Deus
e o negro de Demo". E dice asi este rap lorquiano un pouquiño
hardcoriño: "Corre negro, negro corre/ juega negro, negro
juega/ ¿hasta cuando?, ¿quién vendra? ¿y por
donde?/ Juega el negro, juega el blanco y ambos son jugados/ ¿hasta
cuando el negro y el blanco lucharan contra la sujecion de los colores
para ser personas libres de sus prejuicios, de los papeles en los que
los encierran, a los que los condenan?.
Permitanme que con estos versiños, con estas palabriñas:"Eu
son ninguen"(Pessoa); "O importante e saber que un non sabe
nada, non é nada, salvo unha sombra na pedra inalterabel e, se
cadra, unha moi pequeniña luz, un soño na oscuridade cosmica"(Ruben
Dario:"Ser y no saber nada/ y ser sin rumbo cierto/ y el temor de
haber sido y un futuro terror"); "Sombras nada mais entre a
tua vida e a miña/ sombras nada mais entre o teu amor e o meu";
"Que somos, que non somos?/ ¿Luz, oscuridade, sombra, alento,
paixon e soño?("La vida es un sueño" bolero de
Arsenio Rodriguez cantado a duo por Benny Moré e Pedro Vargas)/
¿Seran as sombras lorquianas, as de Tanizaki ou Platon, as de Pedro
Vega, de Contursi y Lomuto?/ ¿Qué somos, que non somos?/
¿Sera un soño imposibel que busca a sombra?/ ¿Qué
sera, sera?
Permitanme que teña un recordo para Granell que acaba de morrer
cando recibia as probas de este artigo(a Granell, despois de chegar do
exilio a Madrid, inviteilo a dar unha coferencia na Facultad de Economicas
i Empresariais de Santiago de Compostela, fai bastantes anos logo de ler
unha entrevista sua surrealista no suplemento cultural de Diaro 16 que
dirixiron Cesar Antonio Molina e o gran poeta, articulista e amigo Jose
Miguel Ullan. Deu unha conferencia-coloquio sobre o Santiago que viviu
na sua infancia e adolescencia, brillante, chea de inxenio, combate e
ironia. Seguidamente, fomos comer ca sua dona e Isaac Diaz Pardo. Continuo
moi brillante, humano, xeneroso, divertido); e para o amigo Pepe, camareiro
do Café Ideal Bar Azul na rua do Franco por onde entraban
os pelegrins franceses camiño da catedral- que morreu cando escribia
este artigo. No Azul celebrabamos e seguimos celebrando intensas tertulias
con Moncho e Carmiña os jefes, cos camareiros Pepe, Guillermo,
Pepiño, Fernando, Jorge, Rogelio e cos clientes: o Señor
Castiñeiras que morreu con mais de 93 anos, era o cliente mais
antigo con mais de 40 anos de clientela, foi a este bar hasta unhas semanas
antes da sua morte e recordaba moi ben as suas correrias e amorios; os
abos señores de Sande, do Real Madrid que teñen unha cadeliña
chamada Lily que ladra cando lle meten un gol ao seo equipo; a señora
Virucha de Malpica moi do Depor xunto ao seo marido Ricocho 50 anos
de dura faena no mar, calado ao lado dela e moi namorados-, coa que discutimos
sobre os partidos do Domingo; Roberto Garcia Figueiras, riguroso radiologo
en constante preparacion polo mundo adiante para mellorar, corredor de
fondo por todo Santiago, que le moitos libros, ve moitas peliculas e é
do Barca, ¡estamos rodeados¡; Adolfo Sobrino, medico e profesor
universitario de anatomia patoloxica, xeneroso e sempre amable, volcado
no mundo da arte, abriu duas salas de arte contemporaneo en Compostela
e Vigo, e tamen do Barça; Carballal que foi concellal e sempre
vai a ver e apoiar o Compos; Suso, que un dia se foi mental e confusamente
para as nubes, que embarulla un pouco as cousas e que me trae kiwis galegos
da finca que ten a sua familia en Brion.
No Azul e outros bares de falar e mirar, de pasmar(unha lembranza para
o amigo Diego Bernal que morreu no vran do 2001, compostelano de pro como
Licho, con o que me encontraba neste e outros bares ou paseando polas
ruas, e que era un home aberto e convivencial, de bares, tertulias e moitas
mais cousas), estar e esperar, de "junar" e poñer a caña;
no Azul, os que se van, os que andan incirrizados nas suas cousas, os
que deliran mais da conta e do permitido socialmente, atopan un sitio
de paso, acollida, consolo, parloteo, onde se sentaren sos ou acompañados,
onde largar, acougarse. Citemos, neste senso, a personaxes coñecidos
en Santiago e que pasaban por este e outros bares como Horacio, "Comete
tus muertos, cabron", Currinchi, Franco del Carro, etc.
Na tertulia participan tamen os profesores Pedro Arias, Lopez Suevos,
Jose Luis Mari Solera "Licho" e o seo irman Juan Luis "Galin"
antes de marcharse para Ferrol e Madrid(Galin tiña outra tertulia
no Derby) e os irmans Villar Trillo. Os domingos interveñen na
mesma: o señor Suarez, empresario; Valiño, os señores
de Rey, Antonio de Xavestre tasador de madera; Arufe, un pequeno empresario
de 61 anos, feito a si mesmo e angustiado por lle gañar tempo a
vida ventureira que se nos vai; o dentista Lens, o parado Cabanas formando
tanden con Licho e que nos deu un susto e case se nos foi a causa dos
efluvios da "auga da vida e da morte".
Todo se nos vai, nada é, nada permañece, como canta maxistralmente
Roberto Goyeneche "El Polaco", que tamen se nos foi, no tango
amargo "La ultima curda" do grande Anibal Troilo "Pichuco"
e C. Castillo: "La vida es una herida absurda/ y es todo tan fugaz/
tan fugaz/ que es una curda ¡nada mas¡/ ¡mi confesion¡/
¿No ves que vengo de un pais/ que esta de olvido, siempre gris,
tras el alcohol?". Ou neses outros: "Nostalgia de las cosas
que han pasado/ arena que la vida se llevo/ pesadumbre de pueblos y barrios
que han cambiado/ y amarguras del sueño que murio"; "Vivir
es cambiar/ darle paso al progreso/ que es fatal/ con deslealtades, amores
traicioneros y con garrafon, mas, mucho mas/¿Por qué tendre
que amar y, al fin, partir?".
Nos anos setenta, anos dourados de moito amor e moito combate("Anos
dourado" bossa de Jobim e Buarque cantada por Maria Bethania, e que
non nos poñian da historica discoteca Johakin onde discutiamos
sobre as vias revolucionarias para darlle a volta a tortilla), celebrabase
pola noite no Azul unha tertulia politico-futbolistico-erotica na que
participaban: Gonzalo de Vilalba, Lolo que foi alcalde do Valle do Dubra,
Pepa da Isla, Miguel Piñeiro de Vilagarcia e Toñuco de Aeroportos;
a finales dos setenta e principios dos ochenta houbo outra tertulia, no
Café Bar Miami e no Azul, de estudiantes e de loita universitaria,
amatoria e festiva nas que interviñan: Jose Aznares, Javier Ferreiro,
Luis Seria, Ricardo Valdes, Mercedes, Titi, Rosa, Conchita, Romina, etc.
Como lles dicia, celebrabamos con eses amigos e outros idos, vidos, ausentes,
intermitentes e presentes, animadas tertulias politicas, economicas, bolsisticas,
futbolisticas, locais, globais, sexuais Como lle gustaba ao moi
picaron de Pepe, Guillermo e demais esto da erotica do poder.
Guillermo traiame as manzas da sua horta de Calo e tamen o conexo galego
da Veiga-Vegadeo, meu povo- "Prometeo enconexado" que nos serviu
para presentar a "fauna universitaria" na Sala Sargadelos de
Santiago de Compostela, con Agustin Garcia Calvo e Galin; para dar conta
dunha "Universidade aconexada, enconexada, de vellos e novos caciques,
burocratas, mandarins e aspirantes a señoritos e nomenklaturistas";
dunha Universidade sarcofago panteon de cuarta, onde xace que non pace
o saber, a critica e o conocimento. Na universidade galega e española,
na que levo mais de 30 anos, sigue vixente o funcionarismo, acriticismo,
servilismo xerarquico e caciquil; o burocratismo, mandarinismo, clientelismo,
chanchullismo, que xeneran unha grande insatisfacion e inseguridade con
a formacion que imparte. En lugar de loitar activamente para contribuir
ao desarrollo individual e social, local e global, o progreso human, a
traballar e vivir mellor individual e socialmente, de forma mais honrada,
creativa, humana e competente, e contra a sociedade dos tres tercios,
a sociedade do infantilismo, victimismo, entontecemento e envilecemento
dominantes imposto sobre todo pola television pero non soio, a universidade
galega e española sigue a ser a "guardiana da ignorancia"
Kepler-, a guardiana dos intereses creados, o reino dos intereses
funcionariais, corporativos, das apariencias E, nalguns casos, empeorou,
alguns vellos e novos mandarins, pola forma de organizarse os departamentos,
polo tipo de goberno, estructura, organización e funcionamento
da Universidade, sacaron do caixon modos e maneiras neofeudais que o presidente
Clinton, entre outros altos e meno altos dignatarios, volveron a poñer
de maxima e moi quente actualidade. O problema e que os estudantes e profesores
mais xovenes se deixaron recuperar por os intereses compensatorios, polo
salvese quen poida para o que vale absolutamente todo, o peor, pola ostentacion,
as apariencias, o clientelismo, o señoritismo e nomenklaturismo,
por tratar de sacar taxada do publico como seña desde o publico
ou desde o privado, en lugar de loitar responsable, activa e rigurosamente
por os intereses de emancipacion, obxetivo no que a Universidade, a investigacion,
a ciencia e a educacion en xeral terian que desempeñar un papel
fundamental.
Volvendo a erotica do poder, Clinton metea, Clinton non a mete
a pata, o puro. Clinton, antes e depois de rezar publicamente en familia
o acompañado do reverendo Jackson( a outro que colleron "in
braganti"), ponse ¡e como¡ o telefono, co fio dental
e no salon oval. Clinton cas suas clintonadas: "Faime un clinton,
Monica". Clinton e Hillary embelesados por Granaá e o seu
duende. O que Lorca, o verderolo, tan ben ataca:"Eros con baston,
eros con plumon, eros con sol y sombra, con mucho jadeo, menudo sofocon";
"Sonetos turbios del amor oscurisimo ¡mi arma¡, ¡mi
pollon/ ¡cuanta, tantisima satisfaccion/ ¡que cabron¡":
"El sol se pone por el Generalife/ y tu me arañabas/ El sol
amanece por la Alhambra/ y tu me atizabas coup de langages en las orelliñas/
en los pliegues, las rajas, las protuberancias/ Jugabamos con los agujeros
negros/ jugabamos con los encarnados/ y yo te daba besos/ pellizcos/
mordiscos/ arrebuñois/ trabois/ trabonzois/ al sol y a la luna
granaina ¡Mi Madriña¡ ¡que braguiñas,
que cachiñas"/ Granada la bella, Granada la santa/ la de las
puestas de sol/ la que te enciende el alma".
Discutiamos sobre o divino, o human, o mais material o mais espiritual
e o mais carnal. ¡Ave Maria Purisima¡ ¡Virgen del Amor
Fermoso¡. Discutiamos con os Pepes e Pepas, con os que se quedaron("Te
quedaras", "Amor Fugaz", "Dolor y perdon", "Como
fue", "Oh vida", "Conoci la paz", "Que te
hace pensar", "Hoy como ayer", "Cienfuegos",
"Que bueno baila usted", Perdi la fe, etc. interpretados por
Benny Moré "El Barbaro del ritmo", cuio apodo o dice
todo, e mandou moito tolete na Habana, en Mexico, e agora O Benny
quedouse con nos, cos nosos coraçaos, podemos gozalo gracias as
novas tecnologias estas da comunicaçao) e se nos foron, no Azul,
nos cafes da vida, das fugas e os soños, do acougo e da morte,
da pasion e da resurreccion. Pois, vimos de ali e ali volvemos, a este
café e a outros. Volvemos a eles coas nosas grandezas e miserias,
ensoñacions e pesares, soedades e depresions, tristezas e alegrias,
xogos e aventuras, amores vividos, finxidos, sufridos, partidos e imaxinados.
Hoxe, recordamolo e ao facelo revivimos. Neles, seguimos estando sos e
xuntos, falando destas e outras moitas cousas, xogando, mirando, "junando",
lendo, murmurando, escribindo, rumiando a vida en silencio, berrando(mira
que berramos), cabreandonos, rindonos Pois ¿qué e
a vida, eso que lle chaman "gañar tempo", "ter éxito,
conquerir triunfos"?, ¿cal e a verdadeira vida que merece
ser vivida e loitar por ela, por a verdadeira familia para conquerir a
propia libertade, autonomia e realizacion, o verdadeiro amor e amistade,
as autenticas aventuras, as verdadeiras pasions e emancipacions?, ¿qué
e a morte e como a asumimos, nos enfrentamos a ela?, ¿cómo
nos enfrentamos a nos mesmos e ao outro, a eso que chamamos vida, mundo,
escasez, traballo, creacion, pasion, amor, amistade, dor, sufrimento e
morte?. ¿Enfretamonos con egoismo, soberbia, endiosamento, violencia,
odio, rencor, amargura, envexa, resentimento, mentiras, trampas;
con amor, amistade, xenerosidade; con traballo ou traballa ti que a min
dame a risa, poesia, filosofia, ironia, viño, cafes, xamon, fillos,
cans, gatos, futbol, viaxes, pastillas e moita television; con xogo
limpo o sucio? Enfrentamonos sin enfrentarnos, deixandose ir, levar,
vivir e morrer, deixandonos mangonear, ningunear?, ¿enfrentamonos
loitando, arriscando honrada, responsabel e comprometidamente por o arte
de vivir a vida critica, apaixoada, humana, ironica e lediciosamente en
libertade?. "Pibe, pebeta/ vive apasionadamente la vida/ sin dejarte
llevar, sin dejarte engatusar, sin dejarte sujetar"; "Nuestro
amor se hundio en la sopa/ nuestras utopias se convirtieron en la peor
de las escorias/ la corrupcion y el envilecimiento reinan/ el dinero y
las apariencias son Dios"(Amadori, Aviles, Aznar, Baffa-Berlingieri,
Barbier, Battistella, Cadicamo, Canaro, Canet, Caruso, Catan, Cayol, Cobian,
Collazo, Contursi, Dames, Demare, Discepolo , Donato, los Exposito, Macedonio
Fernandez, Filiberto, Flores, Fontaina, Francini, Carlitos Gardel, Garello,
Garzo, Lenzi, Lomuto, Maizani, Malerba, Manzi, Maroni, Mores, Pelayo,
Le Pera, Pereyra, Peñaloza, Pettorossi, Piazzola, Pontier, Razzano,
Rinaldi, Rizzuti, Rubinstein, Saborido, Sanders, Sanguinetti, Santos Discepolo,
Schiamarella, Simone, Soliño, Sosa, Stampone, Stamponi, Taboada,
Varela, Vilado, Villoldo, Vodani, Waiss, tantos e tantos tangueiros, milongueiros).
O rap lorquiano segue cunha especie de romance de "Oficina, denuncia
e bruma para a lua". E dise asi: "Debaixo das multiplicacions,
das sumas, das divisions/ debaixo das revolucions/ debaixo das transformacions/
debaixo da lua hai sangue, ferruñe, fermento, cal, terra estremecida,
carne tumefacta, pensamento inmundo, carne vencida, vendida, rota, pisoteada/
Denuncio a conxura dos siniestros oportunistas/ despiadados nomenklaturistas/
fanaticos nacionalistas e integristas de alta, media e baixa intensidade/
que radian agonias/ saldan mitoloxias/ venden salvacions chave en mao
e impoñen falsas quimeras("soft power": as formas complexas
de dominacion)/ Borran ou manipulan os programas, asasinan a memoria,
organizan guerras virtuais, limpas, sucias, ecoloxicas, bioloxicas, santas/
denigran e saquean con algarabia/ violan, torturan, aterrorizan, matan
con alevosia("hard power": as formas arcaicas de dominacion).
E ofrezome a ser corneado polos touros afeitados/ a ser rumiado, a luz
negra da lua, polos porcos, os coellos e as pitas adulteradas, estruxadas/
polas vacas carnivoras, tolas, corrompidas e subvencionadas/ polas vacas
patrimonializadas por ladrons e estafadores publicos e privados/ polas
polas esquizofrenicas/ polos polancons e polanconas contaminados/ cando
os berros de toda a manada, de toda a jauria enchen o val do Hudson, o
Mekong, o Amu Darya, o Helmand, Tumen, o Kolima, o Peace, o Bravo, o Roxo,
o Colorado, o Amarelo, o Arkansas, o Azul, o Yang Tse Kiang, o Ganges,
o Ubangui, o Zambeze, o Amazonas, o Nilo, o Rhin, o Sena, o Elba, o Danubio,
o Don, o Neva, o Kolyma, o Tiberiades, o Tigres e o Eufrates, o Indo,
o Krisna, o Volga, o Gualdaquivir, o Mulhacen, o Jucar, o Tajo, o Douro
e Genil, o Manzanares, o Ebro, o Segura, o Miño, o Guadiana, o
Eo, o Navia, o Narcea, o Monjardin(en frances da Veiga, de Vegadeo que
é o meu povo), o Brahmaputra, o Missisipi e o Missouri, o Victoria,
o Deseado, o Mexcala, o Matanzas, o Darling, o Blanco, o Negro/
Rios, valles, mares, montes e montañas emborrachados con o falso
aceite, a ecoloxia funcionarial, fundamentalista, comisionada, de poetas
mortos, aceituneiros nada altivos e mais ben bastante chorizos, de cargos,
funcionarios, profesionais, liberados e empregados, de cientificos e tecnicos,
de intelectuais, artistas, poetas, cantores, actores, directores, escribidores,
movementistas, ongenistas cazaprimas, mercados, domesticados, funcionarizados,
neutralizados co PER, cos fondos sen reserva, cos fondos reservados, cos
fondos de reptis, sanguijuelas e abutres carroñeiros, cos fondos
do bartering e merchandising, do vending, mobbing e packaging, cos fondos
traxinados/ ca cuota leiteira, ca cuota carnica e patateira, ca cuota
verduleira, ca cuota viñateira e liñeira, ca cuota gandeira,
madereira e pesqueira, ca cuota intelectual, artistica e cultureteira,
con todo tipo de cuotas funcionariais e chanchulleiras/ Quen dira que
a auga, o tequila, o ron e o viño, o wisky e a vodka, que o aceite
e o oruxo, que o liño es as flores, que a carne, que o leite na
desmesura da sua brancura, que a mismisima luz, levan un lume fatuo e
cruel de berros grises, de lodo purulento, de cores descoridos, de sangue
morta e viciada/ ¿Que dira por onde retumba e morre a auga/ por
onde se apaga a luz/ por onde estalla o tempo?/ ¿Cómo e
posibel, en nome da ciencia, da cultura liberadora, da patria, da natureza,
da razon, da superticion, da salvacion, chegar a tanto torpor, a
tanto horror, perpetrar tanto dor, sembrar tanto odio e rencor, tanta
mentira e terror?.
Corre negro, corre/ xoga negro, xoga/ Corre-te-la por ti mesmo/ Juega-te-la
por ti mesmo/ Negro, blanco, mulato, roxo, azul, amarillo, do color que
queiras/ podes correrte ou non correrte de turno, de color/ podes
pensar, falar, escribir, cantar, danzar, pintar, provocar, contar, gañar,
figurar, sempre que sexas servil, que te deixes levar, controlar,
trincar Non piques, carallo. Pero, amiguiño, de ti depende
e deixate de excusas, de deudas historicas e demais xustificacions.
Novo paso, nova estacion
Paris sempre, nos queda Paris De novo en frances da Veiga: "Petite
fiction des temps dur/ Nourriture de l´homme que sauve l´ordure/
Les rhéteurs-recteurs bricolent de débris banals/ imposés
haut dans ce pauvre carnaval". Pequena ficcion de tempos ferruxentos/
alimento do home que salva a basoira/ que salva o noxento/ Os retoricos-rectores
que mandan, os que aspiran a controlar o cotarro/ chapotean entre refugallos
banais, promovendo a castracion mental/ encaramados en tronos, púlpitos,
estrados, tribunas, tribunais, chair e sillons de domados, acomplexados,
pretenciosos e ostentoreos carnavais de mascaras mortas, de disfraces
sen vida/ levando en bastantes casos ao seo povo a barbarie e a catastrofe.
A segunda estacion, o segundo paso ten lugar no que queda do Barrio latino
de Paris, no Café "Aux Deux Magots" e no restaurante
La Coupole, onde Lorca, Severo Sarduy, Barthes, Foucault, Lapassade e
outras boas pezas tomanse uns cafeciños e pinchos morunos antes
de sair de caceria e se lanzaren freneticamente as noites barbaras ao
ritmo "Ne me quites pas" de Jacques Brel ou "Puton respetuoso"
de Brassens, interpretados nunha descarga salseira de Machito, Cachao,
Cortijo e o seu Gran Combo de Puerto Rico, Oscar d´ Leon, Maelo
Miranda, El Canario, Palmieri, Willy Colon, El Conde, Celia Cruz e Tito
Puente, coa savia nova de Albita, Gloria Estefan e Yuri Buenaventura e
sen esquecernos de Cheo Feliciano("Ponte duro bongo, ponte duro".
Un dos himnos, das romanzas orxiaticas, das bacanales do Burgo das Nacions)
e Azuquita("Ponmela dura", que tocaba nas cavas tropicais do
Barrio latino parisino). Por ali se atopan: Beckett, Ionesco, Cioran,
Bataille("a busqueda do divino na maldicion e no misterio de Eros"),
Picasso(empalmado como sempre e sempre cruel por moi artista que fose),
Topor cos seus topolinos xunto o seo camarada Debord o rebelde situacionista
de "in vino veritas"; René Char(acerdosadamente cas suas
cochonneries :"Odio os vosos deuses que non existen, eu adoro os
meus porcos que si existen, carnosos, delicieux") ; Buñuel(tan
empalmado hasta o final ao menos como Picasso, pero moita mellor persoa
e arreando estopa aos bombos, boum-boums, aos tambores da pasion), Breton
de Conxo, Breton de Paris e Breton dos Ferreiros(na Veiga habia moitos
ferreiros como Suso de Cula, Os Manexos, etc., ou os do taller de Galochia:
Pepe "Latas", Xorra, Tiburia, el marido de Visita, etc. Con
algun deles, eo na sua forxa escoitaba por a radio o Tour de Francia);
Dali en alpargatas, moi repoludo e coa boquiña pintada("Federico
pintate os beizos/ deixate de boberias/ maquillate os morriños
e ven a bailar o son", Eliades Ochoa cos seus guajiros e a sublime
ilusion de volver a escoitar "Dos gardenias" de Isolina Carrillo
cantada maxistralmente por Ibrahim Ferrer, despois de actuar en New York
toda a miña solidaridade contra o barbaro atentado dos terroristas,
totalitarios e/ou fundamentalistas aos que hai que combatir sen descanso-
con todos os mitos de "Buena Vista Social Club" xuntados por
Ry Cooder e filmados por Win Wenders que denuncia en imaxes a miseria
material e sobre todo existencial imposta pola dictadura totalitaria castrista);
Lorca coas cexas postizas e en bata de cretona(vivir e arriscarse por
xugar activamente o xogo da vida, disfrazarse libertariamente e, se cadra,
gozar con eles/elas e recordar. Somos mascaras andantes que van e veñen
tratando de crear e recrear, alguns coa maior honradez e dignidade, os
papeles que nos tocaron en sorte ou en desgracia, que presentamos e representamos,
que buscamos e xogamos "se nos deixan"-Jose Alfredo Jimenez
Sandoval e tendo moi presente a JuanGa, Dona Lola Beltran e a Vicente
Fernandez-); Mouna en bicicleta, Lacan mais agarrado que a unha e co seu
abrigo de pel de panteira E elas, deusas, raiñas, bruxas
e diablas: Kiki de Montparnasse, Kiki de Aquí, Kiki de Ala e Kiki
Machacama Xa(como conta Jesus Pardo "Pardito" de Cela e de Cunquiero
nos seus dos libros de memorias); Boca de Alcantarilla do Moulin Rouge,
Helena Ivanova Diakonova "Gala" como unha loba cando se trataba
de devorar os poliños e poliñas, os lechonciños que
a rodeaban e que constantemente se procuraba con Dali de por medio; Bi-Amadanda
Lear, Diana pecadora de Carballo que tiña unha lanchiña
e que non ten nada que ver con a pecadora "princesa do povo"
Lady Di, Françoise Philippe, bruxa bretona que deixou os seus sortilexios
amorosos polo Burgo das Nacions de Compostela(gran albergue de pelegrins
da epoca franquista, convertido en residencia universitaria aberta, festiva,
combativa, dionisiaca e autoxestionaria despois dunha loita memorabel,
a do burro, o porco, as pitas e demais bicheria); Veronique La Parisien
chamada por Galin para revivir o maio 68 frances; Pilar de roces excitantes,
braguitas axustadamente provocadoras para marcar raxa debidamente e cú
respingon; Esther alegrisimamente santiagueira-ourensana, heladeira de
beizos de lume e noites sen fin("Arboleda ben plantada, sempre parece
arboleira/ a muller emancipada con ou sen marido/ sempre sera libre, responsabel
e festeira"; "Depende", Jarabe de Palo), Rosa "Esprit
de finesse" con peitos de taichi e cadeiras de judoka, Tere "La
Jacometti" de boca depravada e curvas de terciopelo, Marta "Martita
A filosofa bolerista" con botas de montar e que finalmente se casou
en Florencia con un principe; Montse, a bela pesimista, recalcitrante
e calada que xogaba a moitas bandas, corazon pechado ¡que peniña¡;
Olga "A checa", rusa subxugante con Catulo de por medio e o
seo manantial primordial; a silente Ester "Chica Grande de Padron"
en mini estratexicamente entreaberta con mirada desexante e insinuante
que non pasou do platonismo lubrico("les machines desirantes"
de Deleuze, sardonico e divertido, cos seus sombreiros ante o espello
e unha entrevistadora televisiva despampanante amosaba a pernacola mentras
o filosofo degranaba o seu diccionario sabroson); Cristina a amable e
guapa empresaria de hosteleria que esta adelgazando(¡que lacra¡
esto da liña e ¡que perigo tan grande¡) e me alegra
as mañas, Iriana a inquieta cubana-venezolana, familiar de Severo
Sarduy, prima de Oscar d´ Leon e sobriña de Condolezza Rice,
con bemba afro-cubana prometedora(una cousa é a ideoloxia proclamada
e outra moi diferente a practica real, é esto temos que aplicalo
pero ¡ollo¡ empezando por un mesmo: non fagas aos demais o
que non queres que té fagan a ti) e lunar de cine; as poliñas
sonrosadas de peitiños alimonados e, sobre todo, as menos lolitas
como Dona Leopoldina e Dona Leonardina ¡menudas leopardas¡
¡vaia par de lolazas¡. Henri Michaux: "Une entre mille
autres, continuellement posibeis et toujours prêtes".
Todos e todas na mesma loita, camiño da Verdade Absurda, da Verdade
Triste e Dura, da Verdade Festiva e Sabrosona, da Verdade Tenebrosa, da
Verdade Enroscada, da Verdade Mentirosa("Que se me caigan los dientes,
si miento", de novo Benny Moré o cante do son montuno, do
guaguancó), Verdade Inalcanzabel Bergamin cantaballe asi
a verdade da boa:"Odio a verdade cando e mentira. A verdade para
selo de verda da boa debe arder e queimarse/queimarnos". E engadia
Leon Felipe: "E ser radicalmente desnudadora meus cuates". Leon,
exiliado en Mexico e namorado de Sara Montiel a de "Veracruz".
Ao tanto, a unhos pasos en Casa Flora, no Café de Flore unha
sucursal da Casa de Dona Bernardina Alba-, estaban Arrabal, Lapassade
da Universidade transgresora Paris VIII-Vincennes que foi arrancada de
cuallo do Bois de Vincennes en 48 horas, Vallejo, Cernuda Bon, os
de sempre, a cuadrilla Arrabal e Paquiño Rabanne rabons rabons/
tolon tolon/ nabons nabons. Paquiño "O do Rabo" estaba
como a el lle gusta estar: reencarnado no Tutankamon e no Profeta Daniel,
rodeado dos seus contertulios e lanzando unha apocaliptica excomunion
das suas: "Maldigo as grandes top models, a Claudia, Noemi, Cindy
e compañía, autenticas arpias andantes, tontas, caprichosas,
codiciosas Maldigo a moda flacida, a moda anorexica, a moda de lacon
de costela".
Lorca, deitado ante un pase de modelos no Diwan do Tamarit e non o de
Jimenez Losantos, ponlle a guinda fucsia, marelo poliña, pardo
zorrona, a estas maldicions rabonianas, rabelesianas na sua "Gaceta
e gacelas do mercado matutino, vespertino e noiteriego da moda dos shows
rooms", onde di: Que moda/ que maniquis para o meu castigo/ que levantan
as saias e sacan os seos para un mercado sen principios/ Que clavel enaxenado/
que cabezas anestesiadas/ que peitos siliconados/ que corpos vendidos,
magreados, drogados e torturados/ Non quero verte posar/ para sofrer os
teus caprichos e poñerme a chorar/ Que moda gris ou multicolor
do diñeiro/ meteuche o bisturi/ desangrouche o corazon/ e fixo
de ti unha moneca articulada/ ¿Qué alfiletes de cactus envelenados/
asesinan os espellos/ e asfixian o noso elan vital?".
Cantemos, pois. Gocemos da moda "ese salto del tigre cara o pasado
e/ou futuro para representar, para fruir o presente". Da moda como
campo de disfraces, aventuras e paixons para, se cadra, abrir novos camiños
libres e venturosos, multiplicar as nosas capacidades xugetonas. E non
da consumopatia, da modapatia, da moda como vellas e/ou novas formas,
codigos, dispositivos, imaxinarios, aparatos de dominacion, exclavizacion("fashion
victim", "image victim"), como campo de suxeccion(suxeitos
suxetados por o sexo e o seso, a bolsa e o bandullo, os hábitos,
a pinta, o estilo, a apariencia), para amargarlle a vida ao personal,
deprimilo, torturalo, emputecelo, cabrealo, normativizalo, inicializalo,
arruinalo, suxetalo ainda mais; fonte de sufrimento, control, represion,
enaxenacion, alienacion, enfermedade e morte.
Arrabal e a sua cuadrilla preparanse para marcharen de procesion a Sevilla
de Curro Romero, a Maestranza "Catedral do arte de Cuchares",
a se luciren, verse, gustar e gustarse. Queren ver pasar a Curro pola
porta do Principe("Rabo y Oreja" que Benny Moré compuxo
despois de ir a Monumental en Mexico). Acto sacramental entre o principio
de vida, placer e o principio de sacrificio, de morte. "Oda ao Santisimo
Sacramento do Altar no traxe Alba de Gloria", "Gloria: ouro,
coito, incienso, rexons, sangue e mirra". "Como un incensario
cheo de olores e desexos/ plantacheste na tarde luminosa e clara/ con
a sangue quente ante o animal encendido/ e o sexo protuberante clavado
nos seus ollos/ Paixon famenta de lances de lume/ mistica eterna do inferno
carnal/ que grande desafio para os teus atributos/ o dos teus humores/
o dos seus/teus cornos".
Lorca, en contacto con todos estos perdularios e outros peores, aportanos
os seus versos do "Romance azibeche de pena negra" tamen coñecido
como "Muiñeira nadaista pata negra, fado mouro da pata moura".
Que, mais ou menos, di algo asi:"Nada empezou/ nunca houbo nada mais
que nunca e nada/ Empero, nada hai sen azar e fundamento/ con e sen xumento/
con e sen presunto/ nada, para nada e nada". Polo demais, se cadra/
a nada con xamon de landra ou bellota esta moi sabrosota (fixemonos, neste
senso, nos instalados nadaistas galegos, españois e de outros paises
como lle dan o xamon iberico ben instalados nas suas mansions e piscinas
e moitos, a mayoria deles, funcionarios ou aspitantes a selo, a vivir
da teta publica desde todo tipo de actividades) e, en calquer caso, por
conseguinte, a nivel de, pase o que pase, caiga que caiga(o humor instalado,
comprado e domesticado), eo diria a nada con caviar beluga, con
xamon pata negreira e moito mais levadeira. O mestre Amador Santos Bartolomé,
director da banda municipal de musica de Santiago de Compostela, dirixia
o 13 de xuño de 1999(dia en que tiveron lugar as eleccions europeas
e municipais en España), nun concerto ao ar libre da Cidade Vella,
na Rua do Villar desembocando na praza do Toural, o pasodobre, composto
por el, titulado:"Lacon con grelos". Anteriormente a banda tocou
o pasodobre: "Rosas para os porcos" do mestre Del Rio, a fantasia
"La Dolorosa", "La boda y el baile de Luis Alonso"
e o "Capricho italiano" de Tchaikowsky. Mais tarde, Amador Santos
Bartolome na Praza de Platerias presentaria para o publico de Santiago
de Compostela e visitantes a peza "Muiñeira das gaivotas"
coñecida como "Muiñeira para Novoneira" que interpretou
a banda de musica que dirixe, e que creou o medico, catedratico, poeta,
artista e gaiteiro Jose Luis Mari Solera "Licho" en homenaxe
o gran poeta do Caurel "Uxio Novoneyra", despois da sua morte
e que espallou polo mundo a "Coordinadora pro gran poeta do Caurel
Uxio Nonoveyra: Novoneyra forever & ever". Licho, portavoz de
dita Coordinadora, estivo presente na plaza frente a catedral cando a
banda interpretou a sua "Muiñeira para Novoneyra".
A verdade do ser, que e un ser para a morte, para a nada("Unha nada
fumos, somos, seremos/ florecendo, rosas de nada, de naide"), esta
na liberdade, no risco, no desplegue do desexo. Desexo desexante para
seguir desexando/ para seguir loitando/ para seguir xugando/ Desexo sempre
de verdade. Sabendo que esta, a verdade como a felicidade(cancion maravillosa
do brasileiro Antonio Carlos Jobim como "Insensatez" , "Vivo
sohnando", "Por causa de voce", "Desafinado",
"Dindi" que interpretou como ela o fixo Ella Fitzgerald,
e tamen Astrud Gilberto xunto a Stan Getz), non se alcanzan todas en nunca.
"Mentira/ Verdade/ Dareicha/ Non ma daras/ Non se chega nunca o fondo
do mar". Pero sabendo, tamen, que non batirse por elas, sen
chanchullos nen compoñendas, conduce a corrupcion, a claudicacion,
ao papanatismo, a mediocridade, ao lamento, ao sometimento, a perdicion
vital. "Non queremos un mundo no que a garantia de non morrer de
fame se compense coa histeria posesiva e obsesiva de obxectos materiais
e/ou cultureteiros, coa garantia de morrer de aburrimento, de matar televisivamente
o tempo"(texto feito a partir dunha pintada de Maio 68 e tendo presente
a Internacional sitacionista de Debord e a Internacional pasteleira "Crema
e Castigo" de Copacabana).
Nada val nada, pero se cadra, hai que facer como se todo valese todo
Avanzamos shakespeare-celanianamente en sombras cara o abismo, nun mundo
cheo de furor e de ruido, de dor e de horror, de vellos e novos mamporreiros,
caciques, traficantes(incluidos os dos mercados da salvacion, os dos mercados
da cultura, da distincion, da musica, da arte, etc.), ricos-cultos e nomenklaturistas,
que non significa nada e que, se cadra, entra mellor con nata montada,
a que lle poñen multiples e diversos estafadores de todo tipo de
utopias e ucronias, mercaderes varios de ilusions e salvacions. Desgraciadamente
hai moitos papanadas, abundan os papanatas, aburren os cacoparlantes,
atufan os merdafalantes, multiplicanse os intelectuais, profesionais,
escribidores e artistas mamporreiros "voces e plumas dos seus amos",
mais empresa ca propia empresa.
¿Por qué a poesia, a literatura, a arte, a filosofia, a
ciencia, a tecnica terian que se opoñer a busqueda da nada
e do todo, do infinitamente grande e do infinitamente pequeño,
da verdade, da utilidade, da riqueza individual e social, da felicidade,
do que nos maravilla, do que contribue a pensar o non pensado, amar o
non amado, vivir o non vivido?. E ti preguntasmo, cabron de merda, que
vendiches a tua palabra, a tua dignidade, a tua vida. E ti preguntasmo,
egoista, egolatra, traidor, manipulador, revanchista, amargado, vendido,
arribista, logreiro, resentido, envidioso, vanidoso, chulo, soberbio do
carallo, cos coñazos que largas, cas mentiras que colocas, cas
putadas, mariconadas, cabronadas que ves facendo.
¡Ollo o dato¡, queridiños, coas poesias, as narracions,
as ciencias, as tecnicas, as artes, as ideoloxias, as filosofias, as culturas,
as educacions, as salvacions, as elucubracions proclamadas, que
e necesario poñer sempre en relacion coas practicas reais e os
espacios posicionias dos poetas, literatos, artistas, intelectuais, cientificos,
profesores, filosofos, tecnicos, profesionais, criticos proclamadores:
a prova do algodón.
Aunque o mesmo Faulkner diga que un bon poeta, escribidor poder
ser un mal vicho, desalmado, sen principios, moi mala persoa, un trepa,
un oportunista, conven sempre sabelo. Ser boa persoa, alegre, ironica,
rigurosa, xenerosa, comprometida ca verdade, a xusticia e a libertade,
esforzarse nelo, é unha das principais grandezas("Nengunha
grandeza neste mundo val o que a amizade dun bon amigo con principios")
e obxectivos que é menester buscar nesta xungla social, neste mundo
cruel
Non obstante, hai quen di que para ser escribidor, artista hai
que ser moi malo e ter sufrido moito, almorzar todas as mañas media
ducia de sapos. Hai, tamen, quen di(e alguns creeno) que para escribir
ven, facer arte hai que se colocar con todo tipo de productos. Neste
sentido, España, polo numero de "colocados" con alcohol
e todo tipo de tomas, teria que ocupar os primeiros lugares do mundo.
Claro que, ben mirado, España e unha das nacions do mundo que concede
mais premios poeticos, literarios, culturais Hai premios locais,
comarcais, provinciais, diputacionais, autonomicos, estatais, etc. Galiza,
que non se queda atrás nesto, esta a punto de alcanzar a porcentaxe
dun premio poetico, literario por habitante. Asturias, siguelle
moi de perto, ou, se cabe, xa a superou
En fin, cada un de nos ten dentro de si a posibilidade de mentir, enganar,
de dar gato por lebre E a de dicir, buscar, traballar pola verdade.
Debemos, polo, tanto, optar sabendo co traballo individual entendido e
buscado como actividade libre, esencial e permanente(superar unhos desafios
para dar paso a outros) para realizarse personal e socialmente, -o esforzo
por añadir algo positivo para os demais e para un mesmo, por mellorar
as cousas individual e socialmente-, e non como forma de quietismo, conformismo,
corporativismo, funcionarismo, mandarinismo, vedetismo, alienacion, carga,
tortura, tormento, encadenamento, explotacion, sometemento(o que hai que
denunciar, ao que hai que combatir sempre e en todo lugar), e basico para
a busqueda, para a loita pola verdade, pola emancipacion.
Cuarta estacion, cuarto paso(saltamonos outros pasos por razons de espacio)
Sevilla. Sevilla a florida, Sevilla a sombria, Sevilla a contaminada,
Sevilla a do macho cabrio. Pere Gimferrer, en plan academico coplero antisevilli:
"É baixo ser servo dun/ non poñades as garras aqui/
son insumiso deste governo/ quincalleria sevilli/ governo de ropavejeros".
Todas as batallas perdidas resumense en duas palabras: "Demasiado
tarde". Boa parte das batallas perdense por ceder en claudicar no
campo dos principios, dos medios ademais dos fines; por deixar facer,
deixar pasar, deixar mentir, deixarse avasallar, deixarse comprar, levar
e traer; por non arriscar o mais minimo
A cuarta estacion e no Café de Chinitas, despois da tertulia ultraista
do Cafe Alameda. Un paso por bulerias co grande cantaor El Cabrero de
negro, ca sua barba negra e o seu sombreiro negro e cordobes, xunto a
La Niña de los Peines de negro e cas suas gafas negras de blueswoman(Dolores
Jimenez Alcantara de la Puebla de Cazalla-Sevilla, naceu en 1909 e morreu
en xuño de 1999, coas gafas, as "botas postas". Deulle
un ataque cerebral mentras cantaba a sus ultima soleá para un grupo
de amigos dunha peña flamenca de Huelva. Como cantaba "Los
campaniñeros", un dos seus grandes exitos; con que duende,
forza, presencia e empaque) o o seo vello e mellor flamenco(non hai que
olvidar neste senso aos "Martires del compas"), mentres a Tia
Anica "La Piriñaca", framenquisima e con un monton de
anos, outra "montrua" de musha embergadura lanzase, coa sua
grasia que era mu grande, mu grande, polo pau da farruca, e Beni de Cadiz
"O Grande Beni" facia palmas.
El Cabrero pastorea as cabras e os poemarios de Lorca: "El macho
cabrio encabronado", "Poemas jondos de mu mala leshe",
"Suites, blasfemias y canciones". E canta asi o Cabrero por
soleas, seguidillas e tanguillos co sombreiro ben plantao: "O sangue
que eu mamei non a contaminou nadie/ o sangue que eu mamei/ veu directamente
a min desde o peito da miña mai/ e por eso son asi"; "Se
a verdade é o que ofende/ non me importa que se espanten/ os paxarracos,
os cabron que non a quere ver/ os traidores que a venden/ que a manipulan,
que non a entenden".
"Na lua negra/ dos navalleiros/ cantan as espuelas. Cabaliño
negro/ ¿onde levas ti, o teu xinete morto?/ Na lua negra/ ¡un
berro¡ É o corno longo do queixido/ Cabaliño frio/
¡que perfume de flor de cuchillo".
O xinete de bronce monta os cabalos salvaxes de Spinoza, Pushkin, Lorca,
Vallejo, Cernuda-Carnuda, Guerra da Cal, Dieste, Blanco Amor, Lois Pereiro,
Novoneyra, Carlos Oroza Ao escoitar os seus berros de verdade e
libertade, cantados polo Cabrero, La Niña de los Peines, La Niña
de la Puebla, bailados pola Piriñaca, Silvie Gullem e acompañados
por os palmeiros de Lola Flores e O Pescadilla, encabritanse, corren maxestuosamente
polo tempo, cara o infinito e, por unhos instantes, fannos sentir o ceo.
Quinta estacion, quinto paso
Buenos Aires. Mis Buenos Aires queridos, cuando yo os vuelva a ver, a
sentir arrabaleramente, a oir la queja de un bandoneon Argentina
fundese no fango da corrupcion politica, economica, intelectual, cultural
y social; na corrupcion e perversion dos vendedores, no poder e na oposicion,
de salvacions chave en man.
Nas miñas horas de febre e orxia/ farto xa de pracer e loucura/
en ti penso, cidade, patria miña/ para calmar a miña amargura/
saborear tanta melancolia/ Noites porteñas baixo o teu manto/ risas,
amores e pranto/ E a saida do bulin/ ao deixar o cafetin/ ao despedir
a milonga/ choran as nenas polo deus Pan/ por iso que no gotan/ sempre
solloza unha pena/ Até nunca, Malena".
Galiza profunda, festeira/ Galiza negra, verbeneira/ Galiza violenta,
fogueteira/ Galiza carnal, palleira/ Galiza rabona, arrabaleira/ Galiza
feiticeira, tangueira/ Galicia pequena e sometida, plañideira/
Galiza de vellos e novos caciques, mentireira, chanchulleira/ Galiza virtual,
gaiteira
Doña Elisa Cancelo de Amio, boa amiga que morreu no 2000, viuva
guajira do Pino, labradora moi pobre e sufrida nunha agricultura galega
brutal e moi dura, explotadora e atrasada, coa casa e o petate sempre
en marcha, que aprendeu a ler moi maior, con 78 anos de presencia enjuta
e moitos fillos desparramados polo mundo(como outros moitos galegos como
ela); Dona Elisa, xubilada con 56.000 pesetas da Agraria, cuidou o cebou
hasta o final o seu porco con verdadeira paixon e esmero para a festa
familiar, festa local, festa carnal, do cirio leitas, do cirio pascual
"Marica dos Merimée, a dos suizos, se vas a feira non merques
porco rabelo/ mercamo con un bon rabo para mostralo no cortello".
A sua neta, ca que vivia como muitas netas fillas de emigrantes que se
quedaron ca suas aboas, e que estivo inxustamente en paro moito tempo,
lle gustaba moito escoitar a Leo Ferré, Maria Callas e Rachmaninov.
A quinta estacion é na Arxentina, en Buenos Aires, por onde andivo
Lorca, no Bar-restaurante do galego Pepe Fechorias, na zona da Boca, a
onde acudia a bohemia arrabaleira, artistica e teatreira, a se zampar
bons churrascos pampeiros, despois de escoitar no "Colon", aos
inolvidabeis tangueiros Roberto Goyeneche "El Polaco" e Anibel
Troilo "Pichuco" , entre outros.
Os versos lorquianos son do "Romance do porco florido, do porco
festivo", tamen coñecido como "Romance do rabo, da untuosa
carnalidade". Recordemos que Lorca falanos da Suntuosa Leonarda,
carne pontifical e traxe blanco. Oscilando ven o teo cú, desparramado
na sua apoteose , apoteosico na su redondez/ axamonado na sua oronda desnudez.
Deusas o Deuses Pan, Ceres, Venus, Safo, Hermes, Afrodita, Dionisos
na retorica de carne, en epica de marmore.
Pola sua parte, Maria Zambrano aludia a la Untuosa Sensualidad y Rene
Char sentenciaba: "O esencial da carne vese constantemente amenazado
polo ruidosamente insignificante". Se cadra, o efimero fru-fru ao
que se referia Ernesto Junger que reivindicou aos titans(recordemos tamen
a orquesta galega "Los Titanes" interpretando los boleros: "Tu
mi delirio" de Cesar Portillo de la Luz y "Humo y espuma"
de Rolando S. Rabi).
Os versos do Romance do porco florido, do porco festivo, do rabo e da
untuosa carnalidade plantexan a dialectica dos desexos entre o poder material,
carnal, lechal e o poder espiritual, verbal, nerval, virtual: "¿Qué
é o verbo?, o verbo e a gramatica xenerativa da carne(Chomsky)
do rabo do cerdo. E ¿qué é a carne? E o rabo con
nervio, o rabo ludens, o rabo hipermegamediatico, o rabo ciberpunk, o
rabo iconico, o rabo simbolico, o rabo imaxinario, e decir, o rabo freudiano-lacaniano
dos nus borromeos que se move entre o real, o simbolico e o imaxinario.
Empero, vale mais ser un home insatisfeito que un porco satisfeito, que
un conexo/a feliz. Sen o desexo, desexo sempre de verdade, non hai nada
pero a sua satisfaccion, se cadra, racha ca norma e ca pana(Estopa, despois
do da raxa), cuestiona a orde macro e micro rabal e/ou conexifera(o paso
ou converxencia entre o falonabocentrismo e o coñoconexacentrismo),
pon en perigro as nosas convencions e canons. Empero, ali onde esta o
perigo xurde tamen o que libera, mais, queridiños, ternuriñas,
ali onde se dice que esta o que libera poden xurdir e veñen xurdindo
o largo da historia catastroficas e terribels perdicions.
A linguaxe fala, a carne fala, o rabo fala, o rabo engorda e o do touro,
antes das vacas tolas a fuer de carnivoras, mais. Outros din que todo
o que se di do touro, incluido o do rabo, é unha mentira, un estereotipo
interesado, un rol falso e agotador: o de Don Juan, o touro bravo, o home
erectus, machoman, o latin lover con un rabo descomunal e poderorisimo
no que radica a sua razon de ser e estar no mundo, sempre erecto e disposto
a cubrir todo o que se lle poña por diante, alcanzar as maiores
prestacions e marcalas na canana.
O porco evoca, convoca, trastoca, sofoca, o porco provoca colesterol.
Empero, o que é paixon no corpo e tamen e necesariamente paixon
na alma. ¿Tera a alma colesterol, padecera de anquilosamento, sufrira
de arteroesclerose?.
Sobre a tua carne habia rosas e espiñas(Dona Isabel Pantoja, a
mellor posta en escea da bata de cola racialmente toreiro-copleira, desvelando
e desconstruindo o xogo dialectico liberal-hegeliano-marxiano das espiñas
e das rosas, das formas arcaicas e complexas da pasion liberadora, da
pasion emancipadora, da pasion enaxenadora, da pasion dominante. "Madriña/
por fora, xardin de rosas/ por dentro, carcel de espiñas"),
penas e alegrias, froitos imperecederos, desexos perennes, frustracions
infinitas, perigos definitivos
Como estamos na Arxentina con Lorca degustando uns chorizos criollos,
agora, co milongueiro de Borges(do que se celebrou o seo centenario en
1999 e que definiu a Lorca como "andaluz profesional"), antes
de rematar, quero cantar(acompañando a Maria Bethania na fermosisima
bossa nova "Ultimo desejo"), se vostedes mo permiten; quero
defender a boa poesia, a boa pintura, a boa casqueria, a boa carniceria.
Cantar no homenaxe a Lorca, Granell, Reinaldo Arenas(¡Abaixo a dictadura
totalitaria castrista e todas as dictaduras, as demagoxias populistas
nacionalistas e non nacionalistas e os fundamentalismos¡, sen deixar
de lado a critica permanente as democracias corruptas, amañadas,
tecnoburocratico-nomenklaturistas), ao burro Zenon de Kotapos, ao porco
Juan Jacobo Paradox, as insignes galiñaceas que bulliciosamente
irrumpiron no Paraninfo alborotando o galiñeiro universitario compostelano,
a tutti cuanti citados e por citar, incluido Tutto Pavarotti e Pucho Boedo
o neto de Puccini, que nos animan/complican a vida, axudandonos a levala,
reflexionala, correla, a desvelala, a descubrila, creala Quero cantarlles
con estas palabras mais o menos borgianas e lorquianas:"Para fuxir
dos amores tristes, insulsos, tramposos, desleais e insoportabeis/ para
fuxir da realidade tantas veces insufrivel e inaguantabel/ para fuxir
dos tempos dos embaucadores/ dos aburre as vacas e as ovellas/ dos arribistas,
oportunistas, trepas e mentirosos/ se cadra, queridiños, chega
con metela man/ metela ben/ poñela sobre unhos bos versos,
sobre boas historias/ emocionarse ca musica/ contemplar a gran pintura,
saborear a boa carne, as boas verduras os bos cogumelos, o peixe e o viño,
as obras imperecedeiras/ e soñar, vagar e gozar despertos".
Vagamos sos, na noite cosmica perdidos nos buratos negros do tempo, a
onde van a parar todos os desperdicios. Soedade dura/ soedade insegura/
soedade gozosa/ soedade frondosa/ soedade segura plagada de dudas, de
amarguras, de conxeturas.
Sexta estacion, sexto paso
Portugal, Africa, Brasil, Santiago de Compostela: Café Ideal Bar
Azul, Café a Brasileira, Café Antonio´s.
A sexta estacion, o sexto paso, e remato definitivamente, levanos de novo
o principio, despois de facer unha fuxida oceanica comunitaria-universalista,
levanos ao Bar Azul, onde Jose Luis Mari Solera "Licho" aportoume
este poema seu que leo, refago co seo permiso, que me parece xenial, de
aires lorquianos-borgianos-agustinianos-jupiterinos(de San Agustin Garcia
Calvo "Jupiter Enoxado"): "Perdido no laberinto dos soños/
vinme prisioneiro do tempo/ sain da ensoñacion e funme ao ar/ para
que me levara o vento".
Finalmente, derradeiramente(¿sona ben eh?), o ar, os ventos lorquianos
sonnos propicios e levannos, nunha penultima fuxida e da mao de Pessoa
o Café A Brasileira de Portugal, Brasil, Africa Pero antes
facemos unha paradinha no restaurante Antonio´s que fundou e animou
en 1967 en Rio de Janeiro na Avenida Bartolemeu Mitre moi perto da Praia
Leblon, o galego de Santa Comba Manuel Rieiro Romar. O Antonio´s
de Rierio foi un centro estratexico da "intelligentzia" politica,
intelectual, cultural, mediatica, musical e artistica de Rio de Janeiro
e por donde pasaron grandes persoeiros do todo o mundo como Neruda, Nureyev,
Mick Jagger e Marianne Faithfull, etc. Este lugar de vida e encontro estaba
presidido por un cadro feito aos seos clientes: Sergio Porto, Vinicius
de Moraes, Maysa, Lucio Rangel, Regina Rosemburgo, Gilson Amado, Juscelino
Kubitschek, Djanira, Leila Diniz("musa de Ipanema e do Bulevar do
Leblon"), Di Cavalcanti, Irineu Garcia, Cyro Monteiro e Jose Carlos
de Oliveira". Por ali pasaron, ademais dos citados, grandes personalidades
brasileiras: Jorge Sarney, Antonio Carlos Jobim, Jorge Amado, Niemeyer,
Chico Buarque, Nelida Piñon Que se fixeron amigos de Manolo
Rielo "Antonio´s" e lle dedicaron escritos, pinturas,
caricaturas. Rielo que traballaba no ministerio de xusticia e no Museo
de Arte Contemporaneo, foi nombrado "Cidadao de Rio de Janeiro".
No Antonio´s compuxeron grandes cancions os pais da bossa nova e
amigos de Rielo: Vinicius, Jobim, Buarque e Toquinho, que eran "gente
da casa". Recordemos que Vinicius de Moraes e Antonio Carlos Jobim
compuxeron "The Girl of Ipanema"-"Garota de Ipanema"
que cantou Astrud Gilberto e da que fixeron unha interpretacion historica
en duo Sinatra e Jobim. O "Antonio´s" antes de ter este
nome tiña o de "Strangers in the night", o gran éxito
mundial de Sinatra nos 60.
Dentro da musica andiveron por o Antonio´s: Joao Araujo, Sergio
Cabral, Erlon Chaves, Jose Otavio Castro Nunes, Dori e Nana Caymmi, Haroldo
Costa, Edu Lobo, André Midani, Miele, Nelsinho Motta, Badem Powell,
Sergio Port, Lucio Rangel, Solano Ribeiro, etc. Para acabar ben recordemos
bossanovas como: "Abre alas" de Ivans Lins, "Canto de Ossanha"
de Vinicius de Moraes e Banden Powell cantada por este ultimo, "Wave"
de Jobim e Vinicius de Moraes cantada por Rossinha de Valença e
Flavio Faria, "Bahianada" do seo autor Jose Barrense-Dias, etc.
Sobre o "Antonio´s" , Mario de Almeida publico el libro:
"Antonio´s: caleidospoio de um bar, Ed. Record, Rio de Janeiro
1992.
Estacion terminus, a modo de resumo final de todas as estacions que
tiveron lugar ate o de agora, en boca de Zirano de Chandrexa de Queixa:
"Mentres uns arriba ou que se creen arriba e dintinguidos, vellos
e novos ricos-cultos, señoritos, caciques, mediocratas, nomenklaturistas
e traficantes varios, cos seus cantares, cantautores e cantaores, intelectuais,
expertos, poetas, escribidores, mamporreiros, tecnoburocratas, sindicatos,
corporacions e sociedades de autores, gozan arbitraria e inxustamente
do bico da gloria/ outros abaixo sen historia, teñen que facer
frente a miseria material e-ou existencial, confirmarse coas migallas,
verse condenados a escoria".
O peor e que moitos, na escuridade da caverna, no reiño do medo(Spinoza:
"Un ten no seu poder ao outro cando lle logra impor o seu medo"),
da envexa(o éxito dun e o fracaso do veciño, do outro),
da claudicacion e das sombras, son felices coas suas sombras, cos seus
opresores, cos seus compradores e abusadores. Retozan nas lameiras do
cubil, no envilecemento da negrura, do lobrego, e vendida a sua dignidade,
renunciando a loitar por faceren a sua propia historia, se laian, se someten,
se conforman e ailos que soñan, aspiran a seren como os seus
señoritos, como os seus vellos e/ou novos amos, domadores/dominados/
feudais/servos/ pelotilleiros/dominadores.
A verdade, a veces, e tan amarga, tan dura e tan dificil, que os que
aman ou defenden outra cousa distinta a ela, queren que o obxecto amado
ou defendido sexa o verdadeiro.
Acabemos, se cadra, en positivo, volvendo o principio, ao titulo, sentido
e fin de este traballo: a poesia popular, vital, rixosa e combativa. Para
o cal, facemos unha descarga poetico-galega-salseira-española-brasileira,
cantando a coro como nos vellos tempos, no restaurante Asesino, ou diante
da fachada de San Martin Pinario. Cantando: "Eu sei que vou te amar"
do inmenso en sempre presente Vinicius de Moraes, o autor do "Soneto
do amor total" que lles recomendo que escoiten recitado por el e
que tamen se titula:"Samba em preludio" que compuxo con Baden
Powell. Antes, e para quentarse, poderiamos atacar a samba brasileira-gaiteira
"Portela. O mundo de Pixinguinha" que borda Gres.
No coro estan: o artistas polifaceticos Kukas e Licho cas suas gaitas
en claves gaiteiras, a de Kukas de Kukas e a de Licho de Ricardo Portela
e Mallou; o Principe Galin, o poetas Novoneyra, Oroza e Maximino Castiñeiras,
o tanguerio Bernardo Paris, os funcionarios universitarios e copleiros
de arriba para os de abaixo o Duo Cupletista-Filosofico Popular Agustin
e Isabel(Agustin Garcia Calvo e Isabel Escudero) e os amigos e achegados
comuns.
Eu sei que vou te amar
Por toda minha vida eu vou te amar
Em cada despedida eu vou te amar
Desesperadamente, eu sei que vou te amar
E cada verso meu será
Para te dizer que eu sei que voute amar
Por toda minha vida
Eu sei que vou chorar
A cada ausencia tua eu vou chorar
Mas cada volta tua há de apagar
O que esta ausencia tua me causou
Eu sei que vou sofrer
A eterna desventura de viver
A espera de viver ao lado teu
Por toda minha vida
(De tudo, ao meu amor serei atento
Antes, e com tal zelo, e sempre, e tanto
Que mesmo em face do maior encanto
Dele se encante mais meu pensamento
Quero vive-lo em cada vao momento
E em seu louvor hei de espalhar meu canto
E rir meu riso e derramar meu pranto
Ao seu pesar ou seu contentamento
E assim, quando mais tarde me procure
Quem sabe a morte, angustia de quem vive
Que sabe a solidao, fim de quem ama
Eu possa me dizer do amor que tive:
Que nao seja inmortal, posto que é chama
Mas que seja infinito enquanto dure)
Eu sei que vou sofrer
Eu sei que voute amar
Fdo. Miguel Cancio, Santiago de Compostela 7 de novembro 2001
Up....
|